Silva esixe a Feijóo a “inmediata retirada do decreto do copago en Galicia”

viernes, 11 de noviembre de 2011

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE, Carmela Silva, amosou hoxe a súa “gran preocupación”pola privatización que o señor Feijóo e a Xunta do PP están a aplicar na sanidade en Galicia que se está a converter na nai das privatizacións, e a señora Farjas na gran privatizadora”. Referiuse á publicación do decreto da Xunta que instaura “o copago na sanidade, por moito que Farjas e Feijóo mintan e o neguen” porque, dixo, eu quero preguntarlles onde están establecidos os supostos que determinan cando pode cobrar a Xunta por un uso sanitario irresponsable.

“Cómo se determina qué é un uso irresponsable?, ónde están establecidos os supostos que o determinan?, preguntou a candidata socialista. Segundo destacou, o texto aprobado di simplemente que a Xunta poderá cobrar se se fai un mal uso da sanidade, “qué é iso, levar a un bebé con 40 de febre que despois ten un simple virus é irresponsable?, o é levar a un maior que de repente se sinte mal e despois non ten doenza grave, teremos que pagar neses supostos?”. Iso é, indicou, ao que teñen que respostar o señor Feijóo e a señora Farjas, porque “é gravísimo o que están a facer, teñen que retirar o copago de xeito inmediato”. Insistiu en que o que ten que facer a conselleira “é asinar un decreto que restitúa a consulta xinecolóxica preventiva, baixar as listas de espera, que os doentes hemofílicos teñan os coidados que requiren, que aposten por un hospital público, non por un privado que o único que persigue é o beneficio económico da empresa concesionaria”, engadiu.

0 comentarios: